Os xestores administrativos de Galicia alertaron este xoves de que “moi poucos sectores económicos” se poderán beneficiar da moratoria do pago de cotizacións á Seguridade Social anunciada polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións. Fontes colexiais sinalaron que van ser “escasos” os negocios que poderán acollerse ás condicións que […]
Monthly Archives: Abril 2020
As empresas asociadas a Asime preferiron as axudas do Ministerio de Economía ás da Xunta por ser “máis ventaxosas e claras”. A Asociación de Industriais Metalúrxicos da Galiza (Asime) reclamou onte melloras nas condicións das axudas para empresas habilitadas pola Xunta para facer fronte ao impacto económico do coronavirus. Fíxoo […]
Os concellos galegos poderán crear unha liña de colaboración co executivo galego para a mellora de infraestruturas informáticas para alumnado non universitario A Consellería de Infraestruturas activou novos contratos de obra pública por importe de máis de 120 millóns de euros, que crearán ao redor de 1.000 postos de traballo. […]
O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica da Galiza (Craega) crea un directorio na súa web para facilitar a compra directa as produtoras. O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica da Galiza (Craega) súmase ás entidades que tratan de favorecer a comercialización dos produtos alimenticios das pequenas produtoras, que sofren as consecuencias […]
O sector metalúrxico galego renovou un 70 % da súa actividade nos últimos días, tras a volta ao traballo da industria despois da Semana Santa, e fíxoo con “extremas medidas de seguridade, redución de quendas e outras precaucións”. Así o trasladou a organización patronal Asime (Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia), […]
O sector hostaleiro prevé unha avalancha de despedimentos após o confinamento se non contan con axudas para manter ao persoal. O decreto que estabeleceu o estado de alarma trouxo consigo o feche inmediato de toda a hostalaría, un sector do que viven milleiros de familias na Galiza. As persoas autónomas empezan […]
Os establecementos comerciais, explicou UGT, están a ser agora mesmo “un dos lugares de maior interacción social” e, por tanto, “deben ser unha prioridade á hora de tomar medidas co fin de diminuír o número de contaxios”. UGT, lembran, “esixiu en todo momento que se extremasen as precaucións”, dotando aos traballadores […]
A Asociación Eólica da Galiza defende o “plan previsto de instalar 400-500 MW eólicos cada ano desta década” para que 100% do consumo do país proveña de fontes renovábeis. En 2019, 47% da demanda eléctrica da Galiza procedeu da xeración eólica, que alcanzou os 8.698 Gwh, o “segundo ano de maior xeración […]
A Xunta estuda medidas a curto e medio prazo para autónomos e pemes de cara á reactivación económica. O Goberno aprobará este martes o adiamento do pago de impostos ao 20 de maio a pemes e autónomos. Xunta e arquitectos rexeitan a “modificación unilateral” do Plan de Vivenda e o […]
Após finalizar o decreto segundo o cal era de obrigado cumprimento a suspensión de actividades económicas non esenciais, esta segunda feira, 13 de abril, espérase un maior movemento social e, en consecuencia, maior risco de contaxios entre traballadoras e traballadores. Así son as recomendacións que fai o Ministerio de Sanidade. […]
Os traballadores afectados por ERTE dispáranse a 200.000 en Galicia. Adicae avoga por que non se compense pola baixada do tráfico a Audasa, que nega solicitalo. Cultura traballa nun plan de reactivación dos sectores audiovisual e editorial. O sector vitivínicola sofre tamén a súa “caída importante” de vendas. Portos de […]
Os servizos de beleza e estética estarán entre os máis demandados cando remate o confinamento polo coronavirus. Tantos días de confinamento dan para pensar. E moito. Nas casas, a xente xa anda a facer plans para cando se suspenda o estado de alarma. Plans que afectan a negocios que hoxe están […]
‘Afundación en casa‘, o programa da Obra Social de Abanca para proporcionar contidos durante o estado de alarma, presentou a nova sección ‘Abanca e Ieside asesoran‘, na que programará conferencias sobre temáticas vinculadas ás materias que se imparten neste instituto de educación superior, sobre economía e finanzas. En concreto, este […]
O Boletín Oficial do Estado (BOE) vén de facer público oficialmente o novo nome oficial da terminal compostelá de Lavacolla: Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro, en honor á escritora galega. O Boletín Oficial do Estado (BOE) vén de facer público o novo nome oficial da terminal compostelá de Lavacolla: Aeroporto de Santiago-Rosalía […]
Unións Agrarias alerta da chegada ao Estado de até 30 camións diarios cargados con leite procedente de Francia e Portugal. Advirte que este feito vai provocar unha “caída en fervenza” das cotizacións do leite en orixe, sobre todo na Galiza, A crise do coronavirus trouxo consigo un consumo de produtos desmedido […]