Lavacolla xa é, oficialmente, Aeroporto Rosalía de Castro

O Boletín Oficial do Estado (BOE) vén de facer público oficialmente o novo nome oficial da terminal compostelá de Lavacolla: Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro, en honor á escritora galega.

O Boletín Oficial do Estado (BOE) vén de facer público o novo nome oficial da terminal compostelá de Lavacolla: Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro.

O cambio foi impulsado con Compostela Aberta á fronte do Consistorio da capital galega, no anterior mandato local, e posteriormente obtivo o respaldo de todas as forzas políticas, como se evidenciou a través dunha iniciativa aprobada por unanimidade no Parlamento.

O acordo, que publica hoxe o BOE, certifica que o Concello de Santiago acordou solicitar ao Ministerio e a Aena o cambio de denominación para “poñer de manifesto a relevancia da escritora máis representativa da lingua galega, con motivo do 180 aniversario do seu nacemento”.

Coa denominación do aeroporto de Santiago co nome de Rosalía de Castro, reivindícase -engade o documento oficial- “a súa memoria, a súa contribución á literatura europea e a súa loita pola recuperación e forxa da identidade da Galiza”.

A orde, que subscribe o ministro de Transportes, José Luis Ábalos, conclúe que os gastos derivados do cambio de denominación proposto serán sufragados polo Consorcio de Santiago.

Vía: https://www.nosdiario.gal