A Asociación Eólica da Galiza defende o “plan previsto de instalar 400-500 MW eólicos cada ano desta década” para que 100% do consumo do país proveña de fontes renovábeis.
En 2019, 47% da demanda eléctrica da Galiza procedeu da xeración eólica, que alcanzou os 8.698 Gwh, o “segundo ano de maior xeración despois de 2013“, segundo informou a Asociación Eólica da Galiza (EGA).
Nos últimos tres anos esta demanda situouse entre 34% e 41%. “Estamos ante un dato significativo que revela o maior peso da enerxía producida polo vento no consumo final de enerxía eléctrica, e que si a sumamos á xeración de orixe hidráulico, superaron conxuntamente 88%“, salientou Manel Pazo.
O presidente de EGA considerou que “son moi boas noticias para as fontes limpas de xeración eléctrica, unha tendencia que nos indica que no prazo de cinco anos a Galiza podería equilibrar a demanda e o consumo, por enerxías 100% renovábeis“.
A respecto da situación de confinamento actual, EGA dixo que nas primeiras semanas do estado de alarma o consumo eléctrico descendeu arredor de 10% na primeira semana, caída que chegou a 20% posteriormente. Os prezos baixaron na últimas semanas entre 25 e 30%, o que “confirmaría unha vez máis que canta máis enerxía renovábel entra no sistema, o prezo da electricidade diminúe”.
Máis MW
EGA, a asociación que representa a patronal eólica, cre que nesta situación de crise sanitaria, económica e social, con carácter global, resulta imprescindíbel seguir, con maior obriga, a folla de ruta da transición enerxética polo que solicitou que haxa máis poxas.

Ademais, afirmou que “a menos dependencia enerxética, maior fortaleza”. “A Galiza ten a oportunidade de xerar con fontes renovábeis toda a enerxía eléctrica que necesita para o seu consumo, tanto industrial como doméstica”, apuntou, aínda que o condicionou a que se siga “o plan previsto de instalar 400-500 MW eólicos cada ano desta década”.