Após finalizar o decreto segundo o cal era de obrigado cumprimento a suspensión de actividades económicas non esenciais, esta segunda feira, 13 de abril, espérase un maior movemento social e, en consecuencia, maior risco de contaxios entre traballadoras e traballadores. Así son as recomendacións que fai o Ministerio de Sanidade.
O ministro de Sanidade, Salvador Illa, indicou queo Estado español aínda non está en fase de desescalada das medidas adoptadas o 14 de marzo, cando se declarou o estado de alarma, polo que continúa o confinamento co peche de centros educativos, de establecementos de lecer e débense seguir mantendo todas as medidas preventivas de distanciamento social
O Ministerio de Sanidad elaborou, en colaboración con patronais e organizacións sindicais, unha guía de boas prácticas para as empresas que renoven a partir da segunda feira, 13 de abril, a súa actividade tras a suspensión obrigatoria decretada polo Goberno estatal con motivo da crise sanitaria. Son sectores como a construción, industria e empregadas no fogar.
O Ministro de Sanidad, Salvador Illa explicou que o obxectivo é que os centros de traballo estean preparados co “máximo de seguridade” e indicou que o tres alicerces para garantir a seguridade son a distancia social, a hixiene en espazos públicos e privados e o lavado de mans.
Segundo indicou o ministro, a guía lembra ás empresas a necesidade de planificaren as tarefas e de garantiren a distancia como mínimo de dous metros ao persoal, así como evitar aglomeracións dos traballadores.
Así mesmo, incidiu na necesidade de que se gradúen os horarios dos empregados e que as empresas faciliten os equipos de protección necesarios.
En canto aos medio de transporte, recomendou, na medida do posíbel, utilizar aqueles en que se poida garantir o distanciamento social, xa sexa camiñando, en bicicleta ou en vehículos particulares.
Por conseguinte, continuará o estado de alarma e o confinamento, baixo o cal só se poderá saír dos fogares para ir ao traballo ou adquirir elementos esenciais (alimentos e medicamentos) como mínimo até o vindeiro 26 de abril, aínda que o presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, xa adiantou que con toda probabilidade terá que volver pedir unha nova prórroga do estado de alarma.
O ministro de Sanidade, Salvador Illa, indicou queo Estado español aínda non está en fase de desescalada das medidas adoptadas o 14 de marzo, cando se declarou o estado de alarma, polo que continúa o confinamento co peche de centros educativos, de establecementos de lecer e débense seguir mantendo todas as medidas preventivas de distanciamento social.
Recuperación de horas
Após vencer o permiso retribuido recuperábel aprobado polo Goberno, de carácter obrigatorio e limitado no tempo entre os días 30 de marzo e a pasada quinta feira, 9 de abril, para todo o persoal laboral por conta allea que preste servizos en empresas ou entidades do sector público ou privado que desenvolven as actividades non esenciais, as e os traballadores deberán as horas do oito días laborábeis non traballados.
No entanto, exceptuábase ás persoas que estaban a desenvolver xa a súa actividade a distancia ou mediante teletraballo, ás persoas incorporadas en expedientes de regulación de emprego (ERTE), a persoas que en situación incapacidade temporal ou cun permiso de paternidade ou maternidade, aos traballadores de servizos esenciais ou aqueles excluídos polo decreto de declaración de estado de alarma.
Vía: https://www.nosdiario.gal