As restricións de mobilidade están a producir perdas no sector, segundo denuncia a Federación Galega de Estacións de Servizo (Fegaes). A caída das vendas nas gasolineiras galegas foi de 90% desee o inicio da crise do coronavirus, segundo afirma a Federación Galega de Estacións de Servizo (Fegaes). Por este motivo reclama ao Goberno español que […]
Monthly Archives: Marzo 2020
O Colexio oficial de Químicos de Galicia (Colquiga) aposta por “manter operativa e en produción” a industria básica deste sector na Comunidade por ser “estratéxica” para frear a expansión do coronavirus. Tal e como afirma o decano do Colquiga, Manuel Rodríguez Méndez, a actividade de plantas como a da pasteira Ence, na ría […]
O coronavirus non dá acougo á actividade económica. Mentres os poderes públicos acoden ao rescate do sector privado botando man de instrumentos até agora rexeitados pola ortodoxia liberal, a taxa de actividade cae en picado e milleiros de persoas son expulsadas ao desemprego. Anúncianse tempos complicados para as maiorías sociais […]
Endesa duplicou en Santiago de Compostela o centro de control das súas instalacións renovables en Madrid, o que lle permitirá controlar desde Galicia a totalidade das súas instalacións eólicas e solares de España, informou a compañía. Endesa duplicou en Santiago de Compostela o centro de control das súas instalacións renovables […]
O agro galego estaba, antes de xurdir a actual situación de emerxencia sanitaria, exixindo melloras urxentes para que non desapareceran as súas explotacións. Coa chegada da COVID-19 e o estado de alerta pasou a ser un dos colectivos imprescindíbeis para manter o abastecemento da poboación. As medidas que se tomaron […]
Os efectos do coronavirus acaban coa boa xeira dos hoteis na Galiza, que o pasado mes bateron datos de ocupación. O sector hoteleiro galego estaba a vivir un momento doce antes da chegada do coronavirus. En febreiro bateu os seus rexistros históricos do segundo mes do ano ao anotar un […]
Caída nas vendas e consellos de seguridade aconsellan paralizar a extracción. Varias confrarías da Ría de Arousa pedirán esta segunda feira á Consellaría de Mar que paralice a extracción marisqueira, tanto a pé como a flote. Unha medida que xa solicitaran a semana pasada mariscadoras do sur de Galiza e […]
Os destinados aos avións caen case un 64 % na primeira semana do estado de alarma A Compañía Loxística de Hidrocarburos (CLH), encargada da distribución de carburantes, cando saen das refinerías, anotou un descenso dun 41,3 % nas saídas de produtos de automoción (gasolinas e gasóleo A) das súas instalacións ao longo […]
O Goberno, a través da Comisión Delegada do Goberno para Asuntos Económicos (CDGAE), acordou este venres asignar ás comunidades autónomas para o segundo trimestre de 2020 un total de 2.365,75 millóns de euros con cargo ao Fondo de Financiamento das comunidades autónomas, segundo informou o Ministerio de Facenda. En concreto, […]
Os expedientes temporais de regulación de emprego multiplicáronse por 5 en apenas 48 horas. Os Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) non deixan de aumentar nas últimas horas e xa supoñen un total de 4.239 os presentados en Galiza desde o inicio da crise polo coronavirus. Estes son datos […]
Núñez Feijóo destaca o incremento “importantísimo” de compañías que se acollen a esta figura nas últimas horas. Empresas galegas presentaron un total de 630 de Expedientes de Regulación de Emprego Temporal (ERTE) por mor da crise polo coronavirus, os cales afectan a un total de 5.187 traballadores. Isto son os datos actualizados a […]
Co parón das empresas, a demanda de enerxía concéntrase nos fogares, onde non só o teletraballo supón un cambio de hábitos, senón que o confinamento tamén leva aparellado un maior consumo de contidos dixitais. Acrise do coronavirus e o estabelecemento de medidas como o confinamento nos fogares está a mudar […]
A situación actual do brote de coronavirus, no contexto do confinamento da maior parte da poboación nos seus fogares e a preocupación pola economía familiar pode dar pé a situacións de estrés ou ansiedade. Nós Diario conversa con dúas psicólogas que recomendan como facerlle fronte ao día a día. “O […]
A compravenda de vivenda rexistra un descenso do 9% en Galicia en xaneiro. A baixada é anterior á crise polo coronavirus. A compravenda de vivenda rexistrou un descenso do 8,9% en Galicia en xaneiro en relación ao mesmo mes de 2019, cun total de 1.552 operacións rexistradas, segundo informou este luns o […]
O sector reclama a Bruxelas activar as axudas a través do Fondo Europeo Marítimo e Pesqueiro A escalada de medidas tomadas polos distintos gobernos está a provocar unha caída na demanda de peixe, así como unha considerábel baixada de prezos en determinadas lonxas con flotas de baixura. Ante esta situación, […]
O Fondo Monetario Internacional (FMI) sinalou na quinta feira que a pandemia de coronavirus terá un “impacto substancial sobre a actividade económica mundial”. A habitual conferencia de prensa quincenal en Washington do portavoz do FMI, Gerry Rice, realizouse inusualmente en modo virtual, dado o avance do coronavirus nos Estados Unidos, […]
Os hoteis, os albergues, os propietarios de pisos turísticos, as axencias de viaxes e os comerciantes empezan a sufrir as primeiras cancelacións de reservas e baixada de clientes. De cara á campaña de Semana Santa, móstranse vixiantes ante o descoñecido. A alarma xerada en torno ao coronavirus está comezando a […]
A expansión do coronavirus (COVID-19) está levando a moitas empresas contemplar o teletraballo como unha saída para as súas empregadas en caso de illamento por corentena. Na Galiza, esta práctica está xa bastante estendida, tanto nas firmas privadas como na administración pública. A rápida expansión do coronavirus está a sacudir […]
Empresarios confirman que se está facendo “provisión extraordinario” de subministracións. Asime asegura que aínda non hai un desabastecemento “dramático” e a CEP anima a buscar provedores alternativos. A crise do coronavirus levou ás empresas galegas a extremar as precaucións hixiénico-sanitarias, pero tamén a tomar medidas extraordinarias en previsión de que aumentarán […]
As exportacións galegas fecharon 2019 cun retroceso de 3%, pero superando novamente os 22.000 millóns de euros de valor económico dos bens exportados. Galiza consolidouse o pasado ano como sexto territorio exportador no conxunto do Estado español, o que a sitúa “na Champions de exportadoras, con Coruña no quinto posto […]
Só se incrementou no pasado mes de xaneiro en Galicia e Navarra. O Índice Xeral de Produción Industrial (IPI) aumentou un 2,9% o pasado mes de xaneiro en relación ao mesmo mes de 2019. Deste xeito, é o terceiro mes consecutivo de crecemento tras os aumentos, aínda que maiores, de novembro (3,4%) […]
Galiza e o Estado español presentan os peores resultados de Europa na aposta no vehículo eléctrico e a infraestrutura de recarga. A Asociación Española de Fabricantes de Automóbiles e Camións (Anfac) vén de sacar as cores a Galiza no que a penetración da mobilidade eléctrica se refire. Segundo os datos […]
As mulleres ocupan o 31% dos postos de dirección das empresas galegas, un dato que mantén “estancada” Galicia desde o pasado exercicio, segundo o estudo da consultuora internacional Grant Thornton. Esta institución confirma que “o avance que experimentaron as compañías galegas hai só un ano “freouse” nesta ocasión e sitúase tres […]
Os datos facilitados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) indican que febreiro reduce a creación de empresas na Galiza na comparativa interanual e as que se crean son, na súa maioría, pequenos comercios. Malia a destrución do traballo autónomo feminino hai novas incorporacións e outras resisten renovándose. A debilidade da […]
O descenso interanual é de 7.480 persoas desempregadas menos. O paro rexistrado baixou na Galiza en febreiro en 1.526 persoas e sitúase en 166.229 desempregadas, segundo os dados que esta terza feira publica o Ministerio de Traballo. É un descenso de 0,91%, mellor que a media española, que é de […]
A hostalería, a construción e a educación tiran do mercado laboral A Seguridade Social incorporou o mes pasado case 5.850 novos cotizantes en Galicia en febreiro, a razón de case 200 afiliados ao día, o mellor saldo para este mes do ano desde o fin da crise. Hai que remontarse […]
O descenso acumulado dos dous primeiros meses é do 14,5% na Comunidade. Galicia rexistrou 2.647 matriculacións de turismos e todoterreos no mes de febreiro, o que supón unha caída do 17,1% respecto ao mesmo mes de 2019, segundo datos das asociacións de fabricantes (Anfac), concesionarios (Faconauto) e vendedores (Ganvam). Este retroceso na […]