Os destinados aos avións caen case un 64 % na primeira semana do estado de alarma
A Compañía Loxística de Hidrocarburos (CLH), encargada da distribución de carburantes, cando saen das refinerías, anotou un descenso dun 41,3 % nas saídas de produtos de automoción (gasolinas e gasóleo A) das súas instalacións ao longo da semana pasada, a primeira co país en estado de alarma.
Segundo datos recentemente divulgados pola sociedade, de todos os produtos que distribúe, a maior caída anotáronlla os carburantes para a aviación, un 63,8 %; seguidos polas de gasolina, un 56 %; e o gasoil, un 37,8 %. A menor caída deste último combustible está motivada porque é o máis utilizado polos transportistas, que poden seguir desempeñando o seu traballo durante estas semanas.
CLH ten un centro na Coruña, en fronte da refinería de Repsol .
A compañía explicou que todas as instalacións están operando estes días sen incidencias.
O derrubamento do consumo de carburante pola paralización dos desprazamentos privados e dos voos súmase á caída da demanda de electricidade: un 7 % menos entre os días 16 e 22, segundo Rede Eléctrica de España (REE).