Calquer movemento armamentístico dos Estados Unidos en Oriente Medio ou en contra dos seus intereses tradúcese de inmediato nunha suba do prezo do barril de cru. Esta situación adoita a favorecer ás empresas enerxéticas en bolsa e penalizar as que se adican ao transporte, tanto de mercadorías como de pasaxeiros. O problema é que de non corrixirse estas subas, os cidadáns dos países non produtores tamén rematan por pagar.
No caso da Galiza, o sector do transporte de mercadorías por estrada é un dos máis afectados, non só pola alza dos prezos dos combustíbeis, senón tamén porque terán que pagar máis polos seus deplazamentos como consecuencia da suba das peaxes. Desde Fegatramer denuncian a falta de alternativas.