As vendas da industria caen 48% na Galiza, segundo maior descenso no Estado

Caída oito puntos superior á media estatal. 

As vendas da industria caen 48% na Galiza, segundo maior descenso no Estado

As vendas da industria galega caeron en 48,3% en abril na Galiza en comparación co mesmo mes do ano anterior, segundo os datos que publica o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Este retroceso é o segundo maior do Estado, só por detrás de Euskadi  (-50%) e co mesmo descenso que Nafarroa (-48,3%). A baixada galega é case oito punto máis acusada que a media estatal (-40,8%).

De tal forma, co impacto do coronavirus prodúcense dous descensos interanuais consecutivos –marzo e abril–, logo dos incrementos de xaneiro e febreiro cos que se comezou o ano.

No acumulado do ano, entre xaneiro e abril prodúcese unha diminución do 12,2%, neste caso menor que o 14,1% de caída media estatal.

Vía: https://www.nosdiario.gal