É necesario adaptarse aos novos consumidores, cun reforzo do comercio electrónico e o teletraballo, así como do desenvolvemento de empresas vinculadas ao rural.
O conselleiro de Economía, Francisco Conde, anima ás executivas galegas a apostar pola dixitalización do tecido empresarial para a reactivación económica.
Teclado dun ordenador
Nun encontro telemático esta tarde coa Asociación de Executivas de Galicia, Conde subliñou a importancia de adaptarse aos novos consumidores, cun reforzo do comercio electrónico e o teletraballo, así como do desenvolvemento de empresas vinculadas ao rural.
Así mesmo, informou de que a Xunta poñerá en marcha unha liña de axudas para que 27.000 autónomos e pemes do comercio, turismo, sector servizos e transporte instalen medidas de protección para clientes e traballadores.
Ademais, a Xunta pon ao dispor de pemes e autónomos o programa Igape Responde, unha canle directa e gratuíta de información e asesoramento que ofrece atención no número 900 815 151.