Un traballo de investigación galego busca adaptar a pesca ao cambio climático

O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación (Cetmar) presentou en Roma un proxecto europeo  “facilitar a adaptación ao cambio climático” na pesca e acuicultura en Europa. 

O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, xunto a outras institucións, presentou os resultados do traballo realizado durante catro anos no proxecto europeo ClimeFish para “facilitar a adaptación ao cambio climático” na pesca e acuicultura en Europa segundo explica nun comunicado a Xunta da Galiza. O traballo está exposto desde onte na celebración do Foro Internacional 2020 sobre os Efectos do Cambio Climático na Pesca e na Acuicultura, que ten lugar na sede da Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO), en Roma. O Cetmar participou   no evento cunha sesión de interacción e diálogo entre científicos, representantes da administración e dous dos sectores protagonistas. Ademais presentou unha plataforma que desenvolveu no marco de iniciativa que serve para coñecer e abordar os efectos, riscos e oportunidades relacionadas co cambio climático. Conta tamén con guías para facilitar a adaptación no sector pesqueiro e acuícola. 

Proxecto participativo

Durante o proceso o Cetmar “promoveu a interacción” coa participación de 150 axentes do sector e unhas 20 reunións específicas. Entre eles o sector do mexillón que participou no proxecto xunto ao Centro Tecnolóxico do Mar e o Instituto de Investigacións Mariñas. O proxecto ClimeFish, financiado pola Unión Europea con cinco millóns de euros, desenvolveuse durante 2015 e 2020 cun total de 16 estudos -un deles galego- nos sectores de pesca e acuicultura mariña e continental, que inclúen máis de 25 especies de Europa, Canadá, Chile e Vietnam

Vía:https://www.nosdiario.gal