Quen Somos

Que é a AEC

A Asociación de Empresarios de Culleredo constitúese no ano 1991, é unha organización de ámbito municipal e de carácter intersectorial, cuxo obxectivo é a representación e defensa dos intereses particulares e comúns do colectivo empresarial. A asociación está situada nunha contorna incomparable como é a zona de influencia da ría do Burgo. Un lugar en pleno crecemento que combina as máis antigas obras arquitectónicas cos edificios e modernas instalacións.

Obxectivos da Asociación de Empresarios de Culleredo

  • Defender os intereses xerais e comúns do colectivo empresarial e a libre economía de mercado.
  • Promover a integración empresarial e conseguir unha alta representatividad.
  • Fomentar o desenvolvemento empresarial.
  • Establecer servizos para propiciar a actualización e innovación empresarial.