As queixas dos comercios diante da imposibilidade de competir coas grandes marcas fai que o Goberno español especifique a norma.
O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo aclarou, a petición da patronal de comercio téxtil Acotex, que o que se prohíbe son as aglomeracións e non a posibilidade de facer rebaixas e promocións en establecementos físicos. Tamén o comercio galego fíxose eco desta prohibición que consideraban inxusta.
Desta forma, o departamento liderado por Reyes Maroto aclarou o contido da Orde publicada esta terza feira no BOE polo Ministerio de Sanidade, que sinala que “os estabelecementos non poderán anunciar nin levar a cabo acciones comerciais que poidan dar lugar a aglomeracións de público, tanto dentro do establecemento comercial como nas súas inmediacións”, sen que afectase o comercio online, o que provocou o malestar do sector.
Agora, o departamento de Comercio precisou, na comunicación remitida a Acotex, que “hai que interpretar dita norma no sentido de que o que se prohibe son as aglomeracións e non a posibilidade de facer rebaixas e promocións en establecementos físicos”.
Na súa resposta, o departamento de Reyes Maroto sinala que se trata dunha primeira interpretación á disposición adicional segunda da Orde e que se remitiu unha consulta ao Ministerio de Sanidade sobre o asunto.