Os salarios na Galiza experimentaron crecementos superiores a 3% de media. Porén, o reparto foi desigual. As persoas a cargo de postos de dirección levaron a mellor parte, cunha suba de 4,9% de media nos seus salarios brutos. A pesar de que as traballadoras e traballadores tamén viron incrementadas as súas retribucións en 5,42%, a fenda entre empregadas e directivas faise máis acusada con respecto ao ano anterior. As persoas expertas apostan en mellorar a cualificación das traballadoras para reducila.
Por sectores, a banca é o sector que mellor remunera ás súas directivas, un feito que chama a atención dos autores do informe Evolución salarial 2007-2019, elaborado pola escola de negocios EADA Business School e ICSA Grupo, sobre todo tendo en conta a reestruturación financeira, que desde 2007 eliminou máis de 100.000 postos de traballo no sector.