Marzo rexistrou un lixeiro incremento sobre os prezos das exportacións galegas

Respecto ao destino das exportacións, o prezo dos bens distribuídos en países da Unión Económica e Monetaria caeu un 0,72% en termos interanuais e o dos remitidos á Unión Europea (UE) acumulou unha baixada do 0,94%.

Os prezos de bens exportados desde Galicia ao exterior do territorio nacional incrementáronse un 0,6% en marzo respecto dese mes do ano anterior, segundo datos publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) este venres.

En concreto, de acordo co destino económico, rexistrouse un incremento do 3,22% nos prezos das exportacións de bens de consumo en relación ao terceiro mes de 2019. Con todo, produciuse un retroceso do 3,46% no prezo dos bens intermedios á vez que o dos de bens de capital ascendeu un 2,7%.

Respecto ao destino das exportacións, o prezo dos bens distribuídos en países da Unión Económica e Monetaria caeu un 0,72% en termos interanuais e o dos remitidos á Unión Europea (UE) acumulou unha baixada do 0,94%.

Do mesmo xeito, rexistrouse un decrecimiento do 0,64% nos prezos de produtos destinados a países membros da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE). Con todo, os bens e servizos cuxo destino eran outros países aumentaron un 7,97% respecto de marzo de 2019.

Mentres, os prezos dos bens importados diminuíron un 0,4% en termos interanuais. Así, os prezos dos bens de consumo importados aumentaron un 6,85% e, os dos bens de capital, un 9,09%. En cambio, o custo dos dos bens intermedios ha descnedido un 4,79% respecto ao terceiro mes do ano anterior.

De acordo coa orixe dos bens importados, os prezos de países da Unión Económica e Monetaria experimentaron un retroceso do 0,84% en termos interanuais e os correspondentes a países da Unión Europea caeron un 0,34%.

Pola súa banda, os prezos de bens procedentes de países do OCDE mantivéronse estables, dado que o seu incremento hase limitadoa un 0,08% en relación a marzo de 2019. Así mesmo, os prezos de bens importados de países do resto do mundo decreceron un 1,06%.

Evolución das exportacións e as exportacións en Galicia. IGE

Vía: https://www.galiciaconfidencial.com