Expertos reclaman actuacións coordinadas entre administracións para captar poboación no rural

As segundas residencias e a existencia de recursos concretos ligados ao territorio, que incentiven determinadas actividades económicas, “poden garantir a continuidade económica dalgúns municipios”

xpertos da Rede Localis apelan a unha actuación “coordinada” entre comunidades, deputacións e municipios para implementar os servizos e dar maiores oportunidades no rural co fin de captar poboación.

Así figura nun informe sobre o papel das administracións para combater o despoboamento, que foi realizado pola doutora en Dereito Virginia Losa Muñiz e polo profesor titular de Economía Aplicada e codirector da Rede Localis, Alberto Vaquero García.De tal forma, mellorar as expectativas laborais e a rede de servizos do rural pasan por ser claves para captar poboación.

Respecto diso, sinálase que España sofre unha sangría demográfica “desde hai 40 anos”, mentres aposta por que o desenvolvemento da economía local dos municipios rurais “debe ir máis aló do sector primario”. Por iso, considera que “non existen receitas máxicas nin inmediatas para combater o despoboamento do rural”. Con todo, valora que o coronavirus “permitiu volver sinalar o importante que é a actividade agrícola e gandeira nunha situación de crise”.

Opinan que o turismo rural, as segundas residencias e a existencia de recursos concretos ligados ao territorio, que incentiven determinadas actividades económicas, “poden garantir a continuidade económica dalgúns municipios e, no mellor dos casos, uns mínimos poboacionais”. No entanto, a maior parte dos núcleos rurais non son capaces de reter ou captar poboación nova, especialmente ao colectivo feminino e non nativos.

Vía: http://www.galiciaconfidencial.com