Trátase dun investimento coa que o Goberno galego financiará, entre outras actuacións, accións de mellora da accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas ou actuacións de renovación e modernización.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, cifrou en 1,5 millóns de euros a cantidade que a Xunta destina en 2020 a impulsar melloras nos establecementos turísticos de aloxamento e, como novidade, tamén nos de restauración.
Trátase dun investimento coa que o Goberno galego financiará, entre outras actuacións, accións de mellora da accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas ou actuacións de renovación e modernización.
Nava Castro fixo estas declaracións durante a súa visita ao hotel Attica 21 Coruña, un dos 70 beneficiarios da convocatoria do ano pasado, que lle permitiu mellorar os seus sistemas de climatización e modernizar os seus servizos, entre outras accións.
A directora de Turismo lembrou que, tras terminar o prazo de presentación de solicitudes para a convocatoria de 2020, este ano reforzarase o rendemento do sector, ao incorporar aos restaurantes entre os beneficiarios.