Químicos piden “manter” a industria básica, como a de Ence, por ser “estratéxica” contra o COVID-19

O Colexio oficial de Químicos de Galicia (Colquiga) aposta por “manter operativa e en produción” a industria básica deste sector na Comunidade por ser “estratéxica” para frear a expansión do coronavirus.

Tal e como afirma o decano do Colquiga, Manuel Rodríguez Méndez, a actividade de plantas como a da pasteira Ence, na ría de Pontevedra, é “clave“. A modo de exemplo, explica que a fábrica é “fundamental” para elaborar as máscaras, os seus filtros e os compoñentes dos equipos de protección individual (EPI).

Así, sinala que a factoría de Elnosa, que botou o peche fai máis dun ano, producía cloro, unha “sustancia activa clave para desinfección aérea e de superficie” de zonas afectadas polo coronavirus.

“Un país necesita unha industria química de base sólida, porque sen esta industria é imposible fabricar xeles, máscaras…”, reivindica o decano do Colquiga, á vez que considera que “non é lóxico pór trabas e pechar factorías de materias primas” e agora “preguntar quen pode fornecer e fabricar estes produtos”.

Ademais, segundo sostén Rodríguez Méndez, “a solución” ao COVID-19 e a “calquera virus” está “na química, que crea novos fármacos para combatelos e xera pautas preventivas onde os produtos de limpeza e desinfección son de vital importancia”.

Vía: http://www.galiciaconfidencial.com