IG107 – AXUDAS PARA NOVOS EMPRENDEDORES (GALICIA EMPRENDE) (2021)
Finalidad / Objetivo
Co obxectivo xeral de estimular e impulsar a recuperación do tecido empresarial na Comunidade Autónoma, especialmente tras a negativa influencia socioeconómica da crise do coronavirus, cara a fomentar o desenvolvemento equilibrado do territorio galego e favorecer a creación de emprego a través da creación de empresas por parte de novos emprendedores, o Igape desenvolve este sistema de apoio a proxectos de ata 400.000 de axuda. Con este programa de axudas preténdese favorecer tamén o reemprendemento e a cooperación interempresarial nas cuestións relacionadas coa xestión, distribución e loxística dos produtos e servizos, tanto na oferta coma na demanda.
Tipos de apoyo
Subvención en réxime de concorrencia competitiva.
Beneficiarios potenciales
1. Poderán ser beneficiarias destas
axudas os/as autónomos/as e as pequenas empresas, que realicen unha actividade
económica e teñan menos de 42 meses de antigüidade de alta na actividade na
data da solicitude da axuda, segundo se establece no artigo 1.
Enténdense incluídas as sociedades mercantís, cooperativas, asociacións e
outras entidades con personalidade xurídica propia e as sociedades civís,
comunidades de bens e outras entidades sen personalidade xurídica propia sempre
que conten con NIF e a súa constitución estea documentada e presentada a
autoliquidación do imposto de actos xurídicos documentados.
No caso de entidades, con ou sen personalidade xurídica, a maioría do capital
social ou das participacións ten que ser propiedade de persoas emprendedoras, é
dicir, que non tiveran actividade económica previa ou esta sexa inferior a 42
meses na data da solicitude, agás os supostos de reemprendemento.
2. No caso de que a entidade que vai desenvolver o proxecto emprendedor non
estea aínda constituída, a solicitude de axuda poderá presentarse a nome dunha
persoa física. Se a axuda se concedera, o/a beneficiario/a deberá solicitar o
cambio de titularidade do expediente a favor da entidade creada xuntando os
documentos da súa constitución, que deberá axustarse aos requirimentos destas
bases, e no documento de constitución deberá constar expresamente a asunción
dos dereitos e obrigas derivados da concesión da axuda por parte da nova
entidade.
3. Nos supostos de sucesión de empresa, considerarase actividade emprendedora a
realización da actividade empresarial pola persoa ou entidade sucesora inter
vivos ou mortis causa sempre que cumpra os requisitos establecidos nestas bases
para ser considerada persoa emprendedora. Nestes casos, os 42 meses de
antigüidade contaranse dende a asunción efectiva da actividade empresarial pola
persoa ou entidade sucesora, o que deberá acreditar documentalmente o/a
solicitante.
4. Non poderán ser beneficiarios os establecidos no artigo 4.4 das bases
reguladoras.
Os interesados poderán presentar máis de unha solicitude de axuda sempre que
sexa para proxectos diferentes. Non obstante, no caso de que todas elas foran
concedidas, o importe total de axuda para cada interesado non poderá superar o
máximo de axuda de 400.000 euros.
Sectores incentivables
Non poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas empresas que desenvolvan a súa actividade no sector da pesca e da acuicultura, da produción agrícola primaria, do aceiro, do carbón, da construción naval, das fibras sintéticas, do transporte, da produción e distribución de enerxía e das infraestruturas enerxéticas.
Requisitos principales del proyecto
1. Serán subvencionables os proxectos
emprendedores de creación ou ampliación de pequenas empresas galegas ou cun
centro de traballo en Galicia que na data de presentación da solicitude de
axuda non teñan máis de 42 meses de antigüidade dende a data de inicio da súa
actividade (primeira alta en IAE). Serán subvencionables tamén os proxectos de
reemprendemento, entendendo como tal exclusivamente os autónomos que estiveran
de baixa continuada de toda actividade económica por conta propia durante un
período igual ou superior a 3 anos; nestes casos, os 42 meses contaranse
respecto da primeira alta en actividade económica por conta propia inmediatamente
posterior á devandita baixa.
2. Os proxectos deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Ser técnica, económica e financeiramente viables.
b) Ser proxectos completos, é dicir, a realización dos gastos e investimentos
subvencionables debe dar como resultado a posta en marcha da actividade ou a
súa ampliación. Non serán subvencionables as fases de proxectos que non sexan
completas nestes termos.
c) Deben desenvolverse en Galicia.
d) A axuda solicitada debe supoñer un efecto incentivador para o proxecto
presentado: considerarase que as axudas teñen un efecto incentivador se a
solicitude de axuda se ten presentado antes do comezo do proxecto. Ningún dos
custos incluídos na solicitude de axuda poderá estar realizado nin comprometido
antes da presentación da solicitude de axuda no Igape. De ser así, o proxecto
considerarase non subvencionable na súa totalidade. Para estes efectos, a
compra dos terreos e determinados traballos preparatorios, como a obtención de
permisos ou a realización de estudos previos de viabilidade, non se consideran
inicio dos traballos.
Cualificación requerida del proyecto
Os proxectos que cumpran coas condicións
necesarias do artigo 1 serán avaliados de acordo co seguinte baremo xeral ata
un máximo de 100 puntos:
a) Compromiso de creación de emprego. Outorgaranse 10 puntos por cada posto de
traballo con contrato laboral e afiliación ao réxime xeral da Seguridade Social
que se comprometa crear.
A creación de emprego considerarase en unidades UTA.
b) Investimento. Outorgaranse 10 puntos aos proxectos que inclúan investimentos
en activos fixos materiais superiores a 50.000 euros e 20 puntos aos proxectos
que inclúan investimentos en activos fixos materiais superiores a 100.000 euros
c) Innovación. Outorgaranse 20 puntos aos proxectos ou empresas innovadores.
Consideraranse como tales os que obtiveran a cualificación como iniciativa de
emprego de base tecnolóxica (IEBT) por parte do órgano competente da Xunta de
Galicia, os proxectos seleccionados para participar nas convocatorias das
incubadoras e aceleradoras promovidas pola Xunta de Galicia ou por outras
entidades públicas ou privadas, as empresas inscritas no Rexistro de Pemes
Innovadoras do Ministerio de Ciencia e Innovación, as empresas que dispoñan da
certificación EA 0047:2015 ou EA 0043:2015 de Peme Innovadora ou Xove Empresa
Innovadora respectivamente, ou as empresas que obtiveran a marca EIBT de
empresa innovadora de base tecnolóxica outorgada pola Asociación Nacional de
Centros Europeos de Empresas e Innovación (ANCES).
d) O sector de actividade no que se desenvolve o proxecto. Aos proxectos dos
sectores relacionados no anexo III destas bases asignaránselles 10 puntos. No
caso de que o proxecto se desenvolva en distintos sectores, estarase ao sector
da actividade principal da empresa segundo a facturación do último exercicio ou
segundo as estimacións se é unha empresa nova sen actividade previa.
e) Economía verde e circular. Outorgaranse ata 10 puntos pola aplicación de
medidas concretas, efectivas e cuantificables de redución da pegada de carbono
no proceso produtivo, nos aprovisionamentos, na distribución, no consumo
enerxético, de auga ou outros insumos e pola redución e valorización dos
residuos.
f) Formación. Outorgaranse ata 10 puntos no caso de que a persoa emprendedora,
sexa autónoma ou participante nunha entidade, teña realizado cursos ou
programas formativos de xestión empresarial específicos para emprendemento
organizados por institucións ou entidades públicas. De estaren organizados por
entidades privadas, a acreditación deberá vir acompañada da descrición do
contido formativo impartido ou indicar a URL onde se poda consultar na Internet
g) Ás entidades de economía social outorgaránselle 10 puntos. A efectos destas
bases, consideraranse empresas de economía social as cooperativas, sociedades
laborais, sociedades agrarias de transformación, empresas de inserción, centros
especiales de emprego, fundacións e asociacións.
h) Dispor da Marca Galega de Excelencia en Igualdade valorarase con 5 puntos.
Inversiones o gastos computables
1. Serán subvencionables os investimentos
e gastos que correspondan de xeito indubitable ao proxecto de creación ou
ampliación da pequena empresa. Nomeadamente:
a) Obra civil para construción, reforma ou habilitación de instalacións, suxeitos
aos módulos máximos que se achegan como anexo IV, levadas a cabo en
instalacións ou terreos propiedade do solicitante ou sobre os que teña un
dereito de uso e gozo que permita á realización de obras irrevogable durante 5
anos a contar desde a data de finalización do prazo de execución do proxecto.
No caso de que o acordo ou contrato que confire ese dereito sexa oneroso, só
poderá formalizarse con entidades non vinculadas ao solicitante.
b) Bens de equipo: maquinaria de proceso, instalacións específicas para a
actividade subvencionable, equipos e medios de transporte interno, vehículos
especiais de transporte externo, medios de protección do ambiente e outros bens
de equipamento.
c) Outros investimentos en activos fixos materiais incluíndo mobiliario. En
ningún caso se subvencionarán os vehículos de transporte externo que non teñan
a consideración de vehículo especial.
d) Activos inmateriais: activos que no teñen unha materialización física ou
financeira, como patentes, licenzas, coñecementos técnicos ou outros dereitos
de propiedade intelectual e páxinas web.
e) A adquisición de activos pertencentes a un establecemento ou de bens de
equipo de segunda man serán subvencionables sempre que cumpran os requisitos do
artigo 5.
Cando a persoa emprendedora sexa membro da familia do/a propietario/a inicial
ou un/ha empregado/a e se faga cargo da pequena empresa para continuar coa
actividade, non se aplicará a condición de que os activos deban ser adquiridos
a terceiros non relacionados co comprador. A mera adquisición das accións dunha
empresa non constituirá un investimento.
f) Gastos de persoal de nova contratación.
g) Gastos de alugueiro de locais. Non poderán imputarse custos por este
concepto no caso de que a actividade se desenvolva na vivenda da persoa
emprendedora.
h) Gastos de contratacións externas de servizos específicos: software de pago
por uso, deseño gráfico, identidade corporativa, servizos de asesoramento para
a posta en marcha do proxecto empresarial.
i) Os custos do informe de auditor de contas inscrito no ROAC requirido no
artigo 17.4.b) 2º ata un máximo de 1.000 euros.
2. Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos en propiedade polo
beneficiario, admitíndose expresamente, a estes efectos, a obra civil en
terreos sobre os que exista un dereito de superficie ou unha concesión
administrativa e/ou as reformas de instalacións en inmobles alugados.
3. Os investimentos e gastos terán que realizarse dentro do prazo de execución
do proxecto, que abrangue dende a presentación da solicitude de axuda ata a
data límite que conste na resolución de concesión. Dos gastos de aboamento
periódico, como os de alugueiro ou persoal, consideraranse subvencionables só
os períodos de facturación completos que queden comprendidos dentro do prazo de
execución do proxecto.
4. O investimento en bens inscritibles nun rexistro público terá que ser
mantido, vinculado á actividade económica subvencionable, no centro de traballo
en Galicia durante 5 anos desde a data límite de execución do proxecto establecida
na resolución de concesión, e o resto do investimento, durante 3 anos desde a
devandita data.
5. O investimento subvencionado poderá ser substituído no caso de
obsolescencia, sempre e cando a actividade económica da beneficiaria se manteña
en Galicia durante este período.
6. Cando o importe do custo subvencionable supere as contías establecidas na
Lei de contratos do sector público para o contrato menor (importe igual ou
superior a 15.000 euros no caso de prestación do servizo ou adquisición do ben
e importe igual ou superior a 40.000 euros no caso de execución de obra, no
momento de publicar estas bases), o beneficiario deberá solicitar, como mínimo,
tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do
compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que
polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de
entidades que as realicen, presten ou subministren, o que deberá acreditar o
solicitante.
7. Quedan expresamente excluídos do ámbito de aplicación destas bases os
impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación e
os impostos persoais sobre a renda, xuros e gastos financeiros, e taxas.
8. Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos a terceiros. Os
provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante
ou cos seus órganos directivos ou xestores, agás o suposto de adquisición de
establecemento previsto no apartado 1.e) deste mesmo artigo 5. En ningún caso
poderá concertar o beneficiario a execución total ou parcial das actividades.
9. En ningún caso o custo dos investimentos e gastos subvencionables poderá ser
superior ao valor de mercado.
Cuantía de las ayudas
A subvención a fondo perdido será do 80% dos custos subvencionables ata un máximo de 400.000 euros.
Plazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación comeza o día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata 45 días naturais.
Incompatibilidades
Estas axudas son incompatibles con outras
axudas ou subvencións públicas para os mesmos investimentos e gastos. Poderán
ser compatibles con préstamos que conten con axuda pública sempre que esta non
estea financiada con fondos da UE e que a contía total das axudas concorrentes
non supere o 100% dos investimentos e gastos subvencionables do proxecto, ou o
límite que resulte de aplicar o establecido na normativa de axudas de Estado
aplicable ás axudas concorrentes. Tamén poderán ser compatibles con
bonificacións fiscais e de cotas da Seguridade Social.
Unha operación poderá recibir axuda dun ou varios Fondos EIE ou dun ou varios
programas e doutros instrumentos da Unión, a condición de que o gasto declarado
nunha solicitude de pago correspondente a un dos Fondos EIE non se declare para
solicitar axuda doutro Fondo ou instrumento da Unión, ou axuda do mesmo Fondo
no marco dun programa distinto.
Referencia legislativa
Resolución do 17 de decembro de 2020 (DOG Nº4 do 08/01/2021) – Bases reguladoras e convocatoria 2021