A Deputación da Coruña publicou o 20 de agosto no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a concesión das tres liñas principais de axudas do Plan de Emprego Local (PEL-2021) para PEMES e autónomos, que este ano incrementan o investimento ata os 9,34 millóns de euros, o que permitirá apoiar a 1.061 pequenos negocios da provincia na creación de novos postos de traballo e a na dinamización da súa actividade.
📌 A liña PEL-PEMES apoia a contratación de 412 persoas en empresas da provincia, o dobre que o ano pasado. Máis da metade dos contratos teñen carácter indefinido.
📌 Un total de 397 pequenos negocios recibirán 3,5 millóns en axudas ao investimento (PEL-Emprende) para fortalecer, modernizar e consolidar as súas empresas
📌 A nova liña de PEL-Autónomos sufragará o 70% das cotas á Seguridade Social a 252 persoas autónomas da provincia